25 abr. 2018

V Concurso de Fotografía Eucarística e Patrimonio Relixioso en Lugo - Corpus 2018

V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
EUCARISTÍA E PATRIMONIO RELIXIOSO EN LUGO

CORPUS 2018




BASES

1. PARTICIPACIÓN. Poderán participar todas as persoas que o desexen.

2. TEMAS.
A. O patrimonio relixioso cristián 
B. A Eucaristía. 
Ámbito: o da Diocese ou a provincia de Lugo.

3. OBRAS. Cada participante poderá presentar un máximo de 4 obras e en cada unha delas deberá figurar o tema no que participa (A ou B). Admitiranse obras tanto en branco e negro coma en cor.

4. PRESENTACIÓNAs obras irán montadas en paspartú de 40x50 cm

5. IDENTIFICACIÓNAs obras levarán anotado ao dorso título, nome, enderezo e teléfono do autor.

6. ENTREGA. Deberán ser enviadas ao Centro Eucarístico Lucense, Praza de Santa María 1, Lugo.

7. PREMIOS.
Apartado patrimonio relixioso:
• 1o premio: 750 euros e trofeo • 2o premio: 400 euros e trofeo
Apartado Eucaristía en Lugo:
• 1o premio: 750 euros e trofeo • 2o premio: 400 euros e trofeo

8. CALENDARIO.
• Data límite de admisión: 25 de maio de 2018
• Fallo, exposición e entrega de premios: mes de xuño


9. DEVOLUCIÓNAs obras premiadas quedan en poder da organización e as non premiadas poden ser retiradas entre o 15 e o 31 de xullo. As obras non recollidas entenderase que son cedidas ao Centro Eucarístico Lucense. A organización resérvase o dereito de reprodución da obra que crea conveniente, dando coñecemento do nome do autor e, en calquera caso, sen ningún beneficio económico.

10. RESPONSABILIDADE. As obras recibidas serán tratadas co máximo coidado. O autor exime á organización de calquera responsabilidade por danos, deterioro ou perdas que poida sufrir a obra.

11IMPREVISTOS. Calquera caso non previsto nestas normas será estudado e resolto pola organización. A participación supón a aceptación das presentes bases.