13 jun. 2017

PREMIADOS NO IV CONCURSO FOTOGRÁFICO E III CERTAME LITERARIO



O 31 de maio, o xurado do IV Concurso de Fotografía Eucaristía e Patrimonio Relixioso en Lugo acordou por unanimidade conceder os seguintes premios:
1. Apartado Patrimonio Relixioso
– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía de Francisco Javier Azurmendi Iglesias.
– Segundo premio e trofeo dotado con 400 € á fotografía de Julio Sánchez Pallín.
– Accésit, dotado con 150 €, á fotografía de José Ignacio Vizoso Pena.
2. Apartado Eucaristía en Lugo
– Primeiro premio, dotado con 750 € e trofeo, á fotografía de Ana Criado Sánchez.
– Segundo premio, dotado con 400 € e trofeo, á fotografía de José Rey.
Os premios entregaranse o día 17 de xuño ás 12.30 h no salón de actos do Seminario Diocesano de Lugo. As fotografías premiadas, así como unha selección de todas as recibidas, expoñeranse durante un mes neste centro. 
Este concurso convocado polo Centro Eucarístico Lucense pretende ser unha invitación aos artistas, profesionais ou afeccionados á fotografía, a fixarse no rico patrimonio cristián e eucarístico da nosa terra. Os organizadores agradecen a gran acollida prestada a esta iniciativa.



O 8 de xuño fíxose público o fallo do xurado do III Certamen de Poesía Eucarística organizado polo Centro Eucarístico Lucense (LEC):
A) Categoría adultos (maiores de 18 anos)
1º Premio: 600 € e a publicación da obra ao conxunto de poemas “Quenda de adoración na Catedral de Lugo” de Daniel Gil González. (Lalín, Pontevedra)
2º Premio: 450 € e a publicación da obra, ao poema “Cántico espiritual” de Sandra Palacios Garrán. (Puerto del Carmen, As Palmas)
B) Categoría xuvenil (ata 18 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Llamada” de Cristina Ouro Alvite. (A Coruña)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Poesía Eucarística” de Ander Fernández Santos. (Lugo) 
C) Categoría infantil (ata 15 anos)
1º Premio: 350 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Camiños cheos de flores” de Patricia López Fernández. (Lugo)
2º Premio: 250 € en material escolar e a publicación da obra ao poema “Poesía Eucarística” de Carlos Vázquez García. (Pol, Lugo)
O xurado viuse sorprendido pola gran participación nesta III convocatoria, moi superior a edicións anteriores. Desexa destacar a gran calidade das poesías recibidas, e por iso o difícil labor de seleccionar ás ganadoras, pois eran moitas as que merecían o premio.
O sábado, día 17, a partir das 12.30 h no salón de actos do Seminario diocesano de Lugo farase entrega dos premios deste certame de poesía e do de fotografía. Ámbolos dous concursos están organizados polo Centro Eucarístico Lucense.