20 feb. 2015

I Certame Literario de Poesía Eucarística

En camiño cara o Corpus 2015 e o IV Encontro Eucarístico Lucense...




I CERTAME LITERARIO DE POESÍA EUCARÍSTICA 

BASES

Temática


A súa temática debe ser eucarística, coa posibilidade de que estea vencellada coa adoración eucarística en Lugo.

Pódense presentar ao Certame Literario de Poesía Eucarística todas aquelas poesías escritas en castelán ou en galego que constitúan un único poema ou varios cunha extensión máxima de 300 versos.

Presentación

Os orixinais presentaranse numerados e a dobre espazo, por unha soa cara en formato A4. Deberán presentarse dentro dun sobre pechado no que só constará un pseudónimo do autor e a categoría á que se presenta.

Dentro do mesmo sobre incluirase unha plica co mesmo pseudónimo que conterá nome, apelidos, fotocopia do DNI, correo electrónico e teléfono de contacto do autor.

Entrega

As obras poderanse entregar en persoa ou enviarse por correo ó Centro Eucarístico Lucense (LEC), Praza de Santa María 1 , 27001 Lugo. Mencionando no sobre "Certame Literario". Non se admiten traballos presentados por correo electrónico. Admitiranse como máximo dúas entregas por autor.

Premios

Categoría adultos, maiores de 18 anos
- Primeiro premio: 600 euros e a publicación da obra.
- Segundo premio: 350 euros e a publicación da obra.

Categoría infantil e xuvenil, ata 18 anos
- Primeiro premio: 350 euros en material escolar e a publicación da obra. 

- Segundo premio: 250 euros en material escolar e a publicación da obra. 
- Terceiro premio: 150 euros en material escolar e a publicación da obra.

Calendario

O prazo de recepción rematará o 5 de maio.

Fallo: comunicarase aos gañadores na última semana de maio e tamén se dará a coñecer a través dos medios de comunicación.

Entrega de premios: entregaranse os premios durante a semana do Corpus.

O autor será invitado a ler a súa obra na Summa Poética, acto de música e poesía.

Devolución

Os dereitos da primeira edición das obras son do LEC. Tódalas obras que non foran premiadas pasarán ó arquivo do Centro Eucarístico Lucense e non se devolverán orixinais. A organización reserva o dereito de publicación da obra que considere axeitada, dando a coñecer o nome do seu autor.

Xurado

O xurado estará composto por escritores e profesores, nomeados polo LEC, que emitirán un fallo inapelable antes do 31 de maio. Se as obras presentadas non acadasen a calidade necesaria, o premio poderá ser declarado deserto.

Imprevistos

Se con posterioridade á concesión do premio se coñecese algunha anomalía ou incumprimento das bases, procederase á súa revogación, previa consulta co xurado. CaIquera caso non previsto nestas normas será estudado e resolto pola organización. A participación supón a aceptación das presentes bases.

Dando cumprimento ó establecido na Lei Orgánica I15/1999 de Protección de Datos de Caracter Persoal, informámolo de que os que se nos faciliten co gallo da participación neste concurso pasarán a formar parte dun ficheiro propiedade do Centro Eucarístico Lucense e serán empregados para a xestlón do presente concurso. Asimesmo informámolo de que pode exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no seu enderezo de Praza de Santa María 1 , 27001 Lugo.